Quen somos e que facemos

Trécola Teatro é un grupo de teatro afeccionado radicado na cidade de Ourense, nacido no ano 2004. Os seus integrantes son: María Díaz, Ledicia Álvarez, Uxía Pérez, Alfonso Míguez e Tegra 
A formación de todos eles comeza na Aula de Teatro Universitaria da Universidade de Vigo, Campus de Ourense -Maricastaña-, complementando ésta con cursos de diversa índole ao longo de todos estes anos.
O traballo da compañía baséase en montaxes teatrais que abranguen distintos estilos e teñen como obxectivo a público moi diverso: desde teatro de actor para adultos e para público infantil a teatro de rúa, animacións teatrais, contacontos ou performances…